Tea de liño ou de algodón
Etimoloxía
Palabra que xorde do latín linteum ‘pano de liño’.
Exemplos *
“ASÍ, aquí, // neste lenzo imaxinado e suxestivo: // non me sei se non me trato // aquí. // Non me sei se non te trato // aquí.” (Xela Arias: Intempériome, 2003)
“O lenzo foi o único que vimos os rapaces cando entrabamos na igrexa.” (Bautista Álvarez: Retallos daquela infancia / O panteón das Martiñas, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


