leopardo

Mamífero carniceiro da familia dos félidos propio de Asia e África, de pel amarela tirando a rubia con manchas negras

Etimoloxía

Nome que procede do equivalente latino leopardus, is.

Exemplos *

“Desde os quimbos máis afastados traían caza, comida, peles de león e de leopardo, dentes de elefante, plumas e mel, que enriquecían a Momoa e ós feiticeiros encargados do culto do deus.” (Xosé Manuel Martínez de Oca: As florestas do Mañuema, 1988)

“De noite, todos os gatos son leopardos _foi o chiste que fixo Frutos, e a aquela hora Artieda evitaba ó sereno, cuxo chuzo oíra vindo en dirección a el.” (Luís Rei Núñez: Expediente Artieda, 2000)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.