lepiota

Cogomelo da familia das agaricáceas, co sombreiro branco, que pode ter escamas marróns, esporas brancas e anel fixo no pé, do que existen varias especies

Etimoloxía

Termo neolóxico que se crea sobre o termo grego lepís ‘escama’.

Exemplos *

“Esas especies de lepiota, que tamén presentan escamas no chapeu, son pequenas: de 5 a 6 centímetros de diámetro; rara vez chegan aos 10.” (Marisa Castro: La Voz de Galicia, 5-11-2014)

“No sur lucense aumenta a presencia dunha seta tóxica moi parecida á lepiota comestible.” (Francisco Albo: La Voz de Galicia, 12-11-2002)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí