lercia

Angustia producida polo medo.

Etimoloxía

Termo do que non se posúen datos fiables para marcar a súa orixe.

Exemplos *

"…e agarrou tal medo e tal lercia que, para evita-lo perigo de se vir abaixo, apreixouse cos brazos, ben apertadiño, ó pescozo da súa emplumada cabalgadura." (Carlo Collodi: As aventuras de PInocchio – Trad. Antón Santamarina)

"Era tanta a lercia que aquela casa producía no pobo, que xa ninguén ousaba chegarse por aquel lugar." (Aquilino Poncelas Abella: Contos e lendas do Bierzo)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.