Vento forte que sopra do leste
Etimoloxía
Termo que se crea por derivación sobre o substantivo “leste”, préstamo do francés l’est que, á súa vez, bebe do inglés east con significado semellante.
Exemplos *
“O Costa distraese ollando os codesos e escoitando a lestada nos piñeirais do Santiaguiño. Un peto cruza silandeiro cara á carballeira, inzada de vinte mil verduras, do pazo da Pedreira.” (Anxo Angueira: Iria, 2012)
“(...) e avisan para varar as gamelas. Se "o vento tira moi Anordestado é prexudicial para avanzar costa". O Mareiro é o vento do N. a NO. Susuestón é un vento moi recio. O Terral é do NE. A Lestada tamén é forte. O Sueste trae temporal. Os ventos do Norte son favorables para pesca da lagosta, pescada, badexo e sardiña, ao xeito.” (Eliseo Alonso: Mariñeiros das gamelas (en Coloquio de etnografía marítima), 1988)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.