letargo

Sono profundo e prolongado durante o que diminúen as funcións vitais do individuo ata o punto de que parecen non existir

Etimoloxía

Palabra que bebe do latín lethargus, e este remite ao grego lthargos de significado semellante.

Exemplos *

“Pola candeloria metade do inverno vai fóra... rebentan as mimosas en ouros, o toxo mostra o alecrín, volven os nubeiros de paxaros, o oso sae do seu letargo...” (Felipe Senén: Sermos Galiza, 8-2-2018)

“De súpeto, de debaixo das follas xurdiron tres noxentas cobras: coa calor e mais coa música espertaran do letargo do longo inverno, erguendo as súas angulosas cabezas máis dunha cuarta do chan.” (Eduardo Prieto Casares: Folliñas que levou o tempo. Contos da Ribeira Sacra, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.