letra

Signo do alfabeto que representa un son dos que se empregan na fala / Forma ou estilo da escritura

Etimoloxía

Palabra que procede da latina littera de significado semellante.

Exemplos *

“A letra, tan uniforme en todos eles. Os alumnos de Teresa distinguíanse pola escrita. Unha letra de trazos elegantes, non pequena, boa redacción e ausencia de erros ortográficos.” (Miguel Mato Fondo: Adeus, capitán Walton / Flores nun vaso de auga, 2018)

“Naquel papel case amarelo, gardado na casa de seus pais coma un tesouro vello, escribira con letra infantil liñas inseguras, que caían por toda a folla nunha freixa de palabras libres e sentidas.” (Daniel Asorey: Nordeste, 2016)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.