Persoa que ten como profesión aconsellar a outras en asuntos xurídicos e intervir nos procesos xudiciais como defensor dunha das partes
Etimoloxía
Palabra que procede da latina litterātus que significaba ‘educado’, ‘erudito’ ou ‘que leva inscrición’.
Exemplos *
“–A túa declaración, os informes psicolóxicos e para a casa –di a letrada antes de saír a tomar un café. A Vicente córrelle a suor pola cara.” (María Reimóndez: A dúbida, 2016)
“Pero xa non é só que as vítimas non teñan recursos para pagar un xuízo –engade a letrada ourensá– é que non hai ningún avogado no Estado de Chihuahua que queira defender estas persoas.” (Marga Tojo: Galicia Hoxe, 23-4-2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.