lévedo

Masa de fariña fermentada que se emprega para levedar o pan.

Etimoloxía

Considérase que partiu dunha forma *levitus, variante de levatus ‘levantado’.

Exemplos *

“Colle no chineiro a fariña, unha presa de sal, lévedo e bota todo no mármore. Engade auga ós pouquiños e nas súas mans sente a calor do pan que vai ser ...” (Rosa Aneiros: Corazóns amolecidos en salitre)

“... preparaban a pota grande da cociña con auga morna co gallo de amasar na artesa a fariña peneirada de centeo [...] engadindo unha cunca de lévedo, que se deixara da última enfornada ...” (Eduardo Prieto Casares: Folliñas que levou o tempo)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.