Conxunto de palabras dunha lingua
Etimoloxía
Palabra culta de orixe grega leksikós, -é, -ón ‘o que dis das palabras’.
Exemplos *
“Roubaban e torturaban palabras para escoitar os seus ais. Os comedores de palabras fixeron grandes estragos no patrimonio léxico patrio.” (Fernando Díaz-Castroverde: Microbios e outros paquidermos, 2011)
“O estrato xermánico só é especialmente significativo na toponimia a través dos nomes persoais. Son poucas as formas do léxico común de orixe xermánica que serviron para formar topónimos” (Gonzalo Navaza: A parroquia en Galicia: pasado, presente e futuro, 2009)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.