libelo

Pequeno libro ou escrito que contén difamacións ou sátiras

Etimoloxía

Vocábulo que procede da voz latina libellus 'libriño', 'escrito breve'.

Exemplos *

“Un desengano amoroso cunha señorita compostelá volveuno misántropo e, despois dunha tempada escribindo libelos de moi rara e confusa ideoloxía, decidiu embarcarse rumbo ao sueste asiático para encargarse persoalmente das plantacións de tabaco que fundara o seu bisavó.” (Paco Carro: Tempo ordinario, 2014)

“Ameazoume con escribir un libelo contra min se eu comentaba con alguén aquel importantísimo conxunto de datos, de vital importancia para a continuidade e progreso da súa carreira, así que agora, e pola conta que me ten, non podo revelar o que sei.” (Manuel Forcadela: A armada invencible, 1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.