liberdade

Situación daquel que non está baixo o dominio absoluto de alguén ou do que non está preso.

Etimoloxía

Procede do latín libertas, -atis que significaba 'liberdade, a condición de persoa libre' e como tal chega aos nosos días.

Exemplos *

"Precisou para iso noites de insomnio e maduración, espiando a rutina das sentinelas, escudándose no silencio para infundirse forza, resolución para encara-lo incerto e camiñar cara ó único lugar posible, a liberdade." (F. X. Fernández Naval: O bosque das antas)

"Non sabendo cara a onde ir, botou polos Castros abaixo sentíndose un home novo, rebulindo no corpo unha formigante sensción de liberdade." (Manoel Riveiro Loureiro: O Patrón)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.