Dereito e posibilidade de poder actuar unha persoa segundo os propios criterios e de decidir por ela mesma aquilo que lle atinxe, sen estar sometida ás imposicións doutros.
Etimoloxía
Procede do latín libertas, -atis 'liberdade, condición de persoa libre'.
Exemplos *
"Non falo de coartar a liberdade de ninguén, e moito menos a dunha clase de mulleres que me parecen verdadeiras heroínas …" (Diego Ameixeiras: Tres segundos de memoria)
"… un mundo onde a seguridade vai antes que a liberdade e onde o terzo do planeta que vive no benestar e na opulencia ten dereito a imporlles ós restantes dous terzos os seus intereses, os seus valores, os seus principios e as súas políticas, con ou sen o seu consentimento." (Antón Losada: Galicia Hoxe 2005-02-16)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


