liberto, -a

Escravo que pasou á condición de libre.

Etimoloxía

Palabra derivada do latín libertus, -i que significaba 'persoa libre'.

Exemplos *

"…sosteño que a fala de Horacio, fillo do liberto de Venusia a quen tanto protexía Mecenas, non só é boa para o Dereito e a Poesía, senón que asemade pode facer un fabuloso instrumento hermenéutico co que acceder á estancias máis ocultas da ciencia e da conciencia." (Ramón Loureiro: O corazón portugués)

"Non debe confundirse nin co habitante dunha colonia romana (que non existen na Galicia), nin co posterior colonato medieval, nin por suposto cos "libertos" ou escravos manumitidos…" (Felipe Arias Vilas: A romanización de Galicia)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.