libraría

Tenda onde se venden libros

Etimoloxía

Vocábulo que se forma sobre o substantivo "libro", que procede do latín librum e o sufixo -aría.

Exemplos *

“Dei con un que traballaba nunha pequena libraría ateigada de antigos volumes cabalísticos, armatostes manuscritos cheos de estampas, mesturados con esferas armilares, sextantes e armarios con moitas ducias de gabetiñas”. (Hixinio Puentes: Aguillóns de Ortegal, 2005)

“De volta para a casa, parou na libraría e mercou o exemplar de Espantapájaros, de Oliverio Girondo, que encargara dous meses antes, e do que lle gustaría que alguén, un tolo con tempo, algún día fixese un estudo comparativo coa Masmédula.” (Alejandro Tobar: Cremalleiras, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.