libreiro, -a

Persoa que rexenta unha libraría ou vende libros

Etimoloxía

Palabra derivada sobre o vocábulo “libro” que procede do latín liber e o sufixo derivativo –eiro, -a que crea nomes de oficios.

Exemplos *

“Ante Xoán Carlos Contreras, libreiro, eu, Israel Fernández Beineberg, soldado de recrutamento no Exército de Terra, comprométome a restituír os libros que no reverso se enumeran e a pagar coa mesma a cantidade de trinta pesos, aos trinta días de ser desmobilizado.” (Xabier López López: Os libros prestados / A noite de Walpurgis, 2010)

“A libreira mencionou unha cantidade que lle pareceu ridiculamente baixa para aquel tesouro. Mentalmente contemplou a Samuel abaneando a cabeza con desaprobación.” (Marilar Aleixandre: O coitelo en novembro / Alf laila wa-laila: 1. Resol, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.