librepensador, -a

Partidario da tolerancia e da razón fronte a calquera dogmatismo, particularmente relixioso

Etimoloxía

Vocábulo composto das palabras “libre” que procede de liber e “pensador” que remite a pensare de significado semellante.

Exemplos *

“Se a miña non falla, dixo el, e penso que non o fai, vostede defínese como librepensador, dubido que crea en que ela o está vendo desde algures.” (Marilar Aleixandre: Lobos nas illas/ Trazos dos teus ollos, 1996)

“Por último, acusa ós librepensadores de ser deterministas, é dicir, de negar o libre albedrío do ser humano.” (Olivia Rodríguez González: Estética e teoría da cultura en Vicente Risco, 2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.