libresco

Relativo ou pertencente ao libro

Etimoloxía

Vocábulo formado co sufixo –(e)sco que forma adxectivos que indica relación ou pertenza sobre o termo “libro”.

Exemplos *

“Os métodos de ensino son memorísticos e librescos. É unha etapa de fonda pasividade que se amosa nos continuos exames que teñen como única finalidade o saber se se asimilaron uns contidos, e, en cambio, non se crean espíritos activos.” (Ramón Regueira: X.V. Viqueira: Teoría e praxe, 1992)

“...moi propio dun país que viaxou en poucos anos da era do analfabetismo á era da televisión sen facer escala suficiente no mundo libresco, e no que, de súpeto, (...), a cultura se converte na “segunda prioridade”. (Damián Villalaín: Galicia Internacional, 4-1996)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí