Texto dunha obra de teatro para ser musicado
Etimoloxía
Chega do italiano libretto ‘libriño’.
Exemplos *
“A finais de marzo o terceiro ciclo dedicarase á música escénica, coa ópera cómica O filósofo campesiño de B. Gallupi con libreto de Carlo Goldoni, pola Compañía de Opera Management dirixida artisticamente por Carmen Bustamente.” (Albino Mallo: O Correo Galego, 03-02-1996)
“Unha característica desta época é a importancia que se dá aos libretos dos ballets e aos decorados da escenografía.” (Mónica Groba Lorenzo: Introdución á linguaxe musical, 2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.