libro de texto

Aquel que contén as explicacións sobre unha materia e se utiliza como manual para as clases durante un curso nun centro de ensino

Etimoloxía

Frase formada por “libro” que vén do latín liber coa modificación mediante a frase “de texto” que procede do vocábulo textus ‘narrativa’.

Exemplos *

“Así, por exemplo, para estudarmos historia recorremos a un libro de texto que, seguindo unha tradición inveterada, probabelmente fará referencia aos romanos, os gregos, os viquingos ou os irmandiños.” (Teresa Moure: Queer-mos un mundo novo. Sobre cápsulas, xéneros e falsas clasificacións, 2012)

“As preguntas, proxectís de cada bando, tiñan que ser cousas que viñesen nos libros de texto, nas leccións dadas no mes, por exemplo.” (Xabier Paz: As vidas de Nito, 2013)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.