libro electrónico

Aparello electrónico portátil que permite almacenar e ler libros / Libro dispoñible nun formato que permite ser lido nestes dispositivos

Etimoloxía

Frase composta por “libro” que procede do equivalente latino liber e o adxectivo “electrónico” que se forma sobre “electrón” que é un neoloxismo de orixe inglesa que bebe no grego elektro ‘ámbar’.

Exemplos *

“Editoriais galegas que apostan pola convivencia entre a impresión baixo demanda e o libro electrónico, en aliarse coas editoras tradicionais a prol das nosas letras.” (Diana Varela Puñal: Galicia Hoxe, 20-3-2011)

“E no século XX aparecen figuras como Ángela Ruiz Robles, unha mestra afincada en Ferrol que desenvolve un prototipo de enciclopedia mecánica, antecesora do libro electrónico.” (Manuel Rey: GCiencia, 2017)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.