libro

Conxunto de follas escritas ou impresas, cosidas ou pegadas entre si e encadernadas.

Etimoloxía

A palabra chéganos desde o latín liber, -bri que significaba a parte interior da codia das árbores sobre a que se escribía antes de empregar o papiro.

Exemplos *

"O Avelino pechaba o libro todo serio, e tiraba do peto un "ideal" amarelo." (Xavier Alcalá: A nosa Cinza)

"Como vos comentaba máis arriba, unha vez rematado o herbario e mais o Libro de mulleres, déillelos a un escribente para que fixese dúas copias ben escritas, co seu pulso firme de home novo." (Teresa Moure: Herba moura)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.