liceo

Centro educativo, estatal, eclesiástico ou privado de ensino secundario, en certos países

Etimoloxía

Palabra que se recolle do latín Lycēum 'Liceo', pero remite ao grego Λύκειον, Lýkeion, a escola na que Aristóteles impartía o seu ensino.

Exemplos *

“Como no Uruguai as escolas eran laicas e gratuítas, quixen aproveitar a oportunidade. Merquei os libros e dei en ir de noite á Escola para Adultos. O meu gusto era estudar Agronomía na Universidade, pero para iso tiña que facer os anos de liceo.” (Antón Riveiro Coello: As Rulas de Bakunin, 2001)

“En Dinard a primoxénita, Jacqueline, sen fillos, casada cun hostaleiro, ben casada. Case todos os naturais de Dinard son hostaleiros ben casados. En Combourg a menor, Marie, solteira, ensinando literatura no liceo da pequena vila que foi outrora o berce dos soños de Chateaubriand. Anette é a única neta, e está doente. (...)  Polo menos, desta volta, terán todos os fillos xuntos pola festa.” (Ramón Caride Ogando: O sangue dos camiños, 2003)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.