lidro

Conxunto de algas verdes e viscosas que adoitan aparecer nas augas estancadas / Vexetación verde e viscosa que se forma nos sitios húmidos

Etimoloxía

Palabra que se vincula coa latina lutum ‘lodo’.

Exemplos *

“O brazo menor colle o nome de Guisande para ir facer a famosa lagoa de Valverde, onde disque xace asolagada unha cidade con lousados de ouro, verdes polo tempo e o lidro das augas.” (Darío Xohán Cabana: Vidas senlleiras, 1992)

“Sobre os seus pasos, volve cara ó faro e baixa a saltos o embarcadeiro de cemento, e as escaleiras cubertas de lidro, onde deixou amarrada a embarcación que golpea suavemente contra o peirao.” (Xesús Manuel Valcárcel: Os ollos da sentinela, 1997)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.