Elemento nun documento, xeralmente de hipertexto, que permite conectar con outros recursos ou con partes do mesmo documento
Etimoloxía
Adaptación á nosa lingua do termo inglés propio da informática link que significaba ‘unión’, ‘elo’.
Exemplos *
“Por suposto que a escena contén as arrepiantes e axexantes facianas de Halloween da propia Vía Láctea, incluíndo pantasmas, unha caveira flamexante, un ollo brillante e unha vasoira de meiga. Para atopalos, move o teu cursor sobre a imaxe ou simplemente segue esta ligazón, se ousas.” (Dosi Veiga: GCiencia. O portal da ciencia galega, 10-2014)
“Antes mesmo de que fose posíbel descargala de maneira oficial, na rede xa se partillaban ligazóns.” (Olalla Rodil: Nós Diario, 20-7-2016)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.