Froito da limeira, parecido a un limón, pero de menor tamaño, de sabor máis doce e de tona verde
Etimoloxía
Palabra que vén do árabe hispánico lima que bebía do árabe limah de significado semellante.
Exemplos *
“Os susceptibles de albergar o insecto son o limoeiro, a laranxeira, a lima, o mandarino e variedades ornamentais da familia das rustáceas. A súa expansión preocupante xa ten consecuencias nalgún viveiros das Rías Baixas, que recibiron no últimos mes o aviso de que lles quedaba prohibido vender cítricos para deter a progresión do insecto en Galicia.” (Diana Mandiá: GCiencia. O portal da ciencia galega, 10-2015)
“Adóitanse preparar directamente en vaso longo con destilados e licores de distinto signo; zumes de limón, pomelo ou lima, engadíndolles gasosa, soda, seltz ou calquera outra bebida gaseada e abundante xeo. A decoración pódese facer a base de froita do tempo cortada en anacos e toros de laranxa e limón.” (Antonio Novo Salgado: A barra por dentro, 1998)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.