Parte que introduce unha obra escrita, onde se tratan cousas sobre a mesma obra ou sobre o autor
Etimoloxía
Voz que bebe da latina limināris que significaba ‘límite’ ou ‘inicio’.
Exemplos *
“Aquel libro, publicado por vez primeira en 1892, con limiar de Elisée Reclus, ocupou un lugar bíblico nas bibliotecas dos nosos ateneos populares, dos centros de estudos libertarios e das escolas racionalistas.” (Manuel Rivas: Luzes, 1-2016)
“Di Xurxo Souto no limiar que neste libro, Transfusión oceánica, non se describe o mar. Creo que con razón. Tampouco o fixo Manoel Antonio.” (Miguel A. Mato Fondo: Sermos Galiza, 27-11-2014)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


