limoada

Bebida refrescante feita con zume de limón, auga e azucre.

Etimoloxía

Formouse sobre limón, voz de orixe persa que nos chegou desde o árabe.

Exemplos *

"… darlle groliños despreocupados e gorentosos a unha cervexa morna, a esas sidras que saben a limoada …" (Xavier López López: O caderno)

"… tras beber a súa limoada sen deixar de reparar por un momento no empregado, […] envólvese como un gatiño na toalla e rompe a chorar." (Manuel Lourenzo: As horas baixas)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.