limón

Froito do limoeiro, de forma ovada, coa tona marela e de sabor agre.

Etimoloxía

Termo que chegou do árabe laimun, considérase que procede do persa limu ou limun.

Exemplos *

“Prepara refrescos de limón con licor, café frío con augardente, anís e zume de limón …” (Xesús Valcárcel: Matar o tempo)

“… danlle ó enfermo durante nove días dúas culleradas, unha pola mañá e outra pola noite, do seguinte remedio: zume de limón, augardente de cana, mel común e azucre, unha parte e de azafrán uns cinco gramos.” (Manuel Cabaleiro Goás: A psiquiatría na medicina popular galega)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.