liñaceiro

(carduelis cannabina) Paxaro da familia dos frinxílidos, coa plumaxe de tons pardos, co peito e a testa encarnados durante a época estival nos machos

Etimoloxía

Palabra derivada que toma como base de formación “liño”, voz que procede do latín linum de significado semellante.

Exemplos *

“Presencia de Ferreiriños e cando se forman pucharcas de choiva moitas aves coma os Liñaceiros, Merlos e Tordos veñen bañarse.” (Xan Rodríguez Silvar: “Paxareando por Prior” en Columba, 2017)

“Chámanlle tamén Pintarroxo pola cor do peito, e Liñaceiro por comer sementes do liño.” (Xosé Manuel Penas Patiño e Carlos Pedreira: Guía das aves de Galicia, 1980)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.