lince

Mamífero carniceiro da familia dos félidos parecido ao gato, pero de maior tamaño, cor parda ou gris, xeralmente con manchas negras, forte e moi áxil, que ten as orellas aguzadas e rematadas nun guecho de pelos negros e a cola curta

Etimoloxía

Procede do equivalente latino lynx, -cis, de significado idéntico.

Exemplos *

“Animais tan fermosos como a águia imperial, a foca monxe, o lince, o oso pardo, a cabra montés... teñen poboacións moi escasas, que fan temer pola súa existencia.”(Nel Rodríguez Rial: O planeta ferido. Por unha razón ecolóxica, 1990)

“...ata o rufián do roubamortos estaba encollido polo engado _os pasiños afogados do raposo, da cibelina, da martuxa, o ronquido invernal do oso e mais o rouco e maxestoso miañar do lince.” (Xabier López López: Os libros prestados, 2010)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.