A primeira lingua que se aprende a falar na nenez
Etimoloxía
Locución que formada pola voz “lingua” que procede do equivalente latino e o adxectivo “materno” que vén do latín maternus ‘o que refire á nai’.
Exemplos *
“Por desgraza, eu apenas o entendía cando falaba na súa lingua materna, de modo que agucei o ouvido e o resto dos sentidos para captar cada matiz, cada xesto e cada sinal.” (María Oruña: O souto dos catro ventos, 2021)
“Tanta é a importancia antropolóxica que lle concede á lingua materna na conformación da propia identidade que chega a afirmar así de taxativo: "Existir é falar unha determinada lingua".” (Ramón López Vázquez: Domingo García-Sabell e a fenomenoloxía, 2013)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.