lingua vernácula

Lingua propia dun país ou lugar

Etimoloxía

Frase composta por “lingua” que vén do latín lingua ‘dialecto’ e o adxectivo “vernácula” que bebe do vernaculus, -a. -um ‘nativo’, ‘doméstico’.

Exemplos *

“Aínda que a aparición das linguas vernáculas e a súa reivindicación é un feito en Europa desde bastante tempo atrás, os ambientes académicos e relixiosos conservaban o latín como lingua vehicular.” (Teresa Moure: Outro idioma é posible. Na procura dunha lingua para a humanidade, 2005)

“É probábel que a final de século teñan desaparecido case a metade das preto de sete mil linguas que hoxe se falan no mundo... Consonte as comunidades vaian esquecendo as súas linguas vernáculas en favor do inglés, o español ou o mandarín, vaise perder a propia esencia da xente que habita o noso planeta.” (Xulio Pardo de Neyra: Intensa e quente é a túa humidade azul, 2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.