lingua

Código verbal natural usado polos membros dunha sociedade concreta, que está constituído por un variado repertorio de elementos e regras.

Etimoloxía

Chega directamente do latín lingua que significaba 'órgano muscular móbil dos vertebrados que, nas persoas, axuda a articular os sons' e por metonimia pasou a denominar o idioma dun territorio.

Exemplos *

"Non valían explicacións nin discusións, para as que ademais me faltaban as palabras axeitadas na lingua do país." (Úrsula Heinze: Remuíños en coiro)

"Cobra vida en todas as linguas, adáptase a todas as épocas, recréase en novos textos, móvese en múltiples escenarios." (María Xosé Queizán: Antífona, a forza do sangue)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.