Peixe mariño da superorde dos teleósteos, co corpo oval e aplanado, que ten as aletas dorsal e anal unidas case á caudal e cor parda con manchas escuras na parte superior e branca na inferior
Etimoloxía
Designación que se forma sobre “lingua” (pola forma do peixe) que procede do latín lingua de significado semellante.
Exemplos *
“Logo chegou un excelente linguado á grella do que deron conta abrindo a terceira botella de Albariño. De sobremesa sacaron a tortilla á romana, ou tortilla de Muros, un biscoito feito con viño espumante, ao forno, recuberto de caramelo, típico desta costa.” (Manuel Gago: O anxo negro, 2016)
“Como curiosidade indicamos que a propia casa real fornecíase de ostra e linguado en escabeche, procedente de Galicia.” (Xaquín Penas Patiño: A arca de Noé. Elementos de Oceanografía e Bioloxía mariña, 2006)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.