liño

Tecido ou tea que se confecciona co fío que se obtén da planta anual da familia das lináceas (Linum usitatissimun), de raíz fibrosa, talo recto e oco, flores azuis e semente oleaxinosa.

Etimoloxía

Tomámolo do latín linum, -i, que procedía, á súa vez, do grego.

Exemplos *

"Petaron na porta para anunciar un carriño onde trasladaban as infusións e unhas galletiñas que debían de vir do forno, porque chegaban cubertas cun pano de liño bordado." (Jaureguizar: Cabaret Voltaire)

"Gastaba na ocasión un traxe branco de liño e camisa a xogo, dunha color que non era posible denominar senón exótica …" (Xosé Vázquez Pintor: Quen faga voar)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.