lintel

Peza horizontal, xeralmente de pedra ou madeira, que limita pola parte superior o oco dunha porta ou ventá.

Etimoloxía

Considérase que procede dunha forma francesa lintel, derivada do latín liminaris, e este de limen, -inis 'porta de entrada'.

Exemplos *

"Resultaban admirables o traballo da pedra das paredes e dos linteis dos accesos, a riqueza das portas, o mobiliario, os salóns, ou a calidade das xentes que continuamente pasaban polo vestíbulo." (Xoán Bernárdez Vilar: No ano do cometa)

"… que ninguén cruzase baixo do seu lintel nin pasase para estoutro lado, pois todo canto se podía ter ou desexar xa El o puxera abondo no xardín das marabillas." (Víctor F. Freixanes: A cidade dos césares)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.