lípido

Conxunto heteroxéneo de moléculas orgánicas naturais presentes en todos os seres vivos, compostas principalmente por carbono e hidróxeno, insolubles en auga, pero si en disolventes orgánicos, que teñen funcións como reserva enerxética, estruturais e hormonais.

Etimoloxía

A súa orixe está no grego lipos ‘graxa dos animais’.

Exemplos *

“Os mecanismos que vinculan a aparición da diabetes co posterior desenvolvemento de enfermidades cardiovasculares inclúen niveis de lípidos superiores á media, inflamación das paredes vasculares, hipertensión …” (Galicia Hoxe 11-11-2010)

“As graxas ou lípidos son nutrientes indispensables para o organismo. Hai vitaminas (A, D, E, K) que para ser absorbidas necesitan dos lípidos para o seu transporte, pois soamente son solubles nas graxas.” (X.M. Couselo: O Correo Galego 31-10-2001)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.