liquidación

Acción e efecto de liquidar, vender mercancía rebaixando considerablemente o prezo

Etimoloxía

Creación sobre o verbo “liquidar”, que vén do latín medieval liquidare, ‘facer as contas con acerto’.

Exemplos *

“Á entrada do polígono industrial, a uns metros da ponte e a calzada romanas, unha nave de bloques lucía en cartaces amarelos: "Tenda de liquidación. Restos de almacén: móbeis, téxtil, menaxe, ferretería, librería, alimentación..." (Xurxo Borrazás: Costa Norte/ZFK,2008)

“Entras como a un gran almacén, un gran almacén que atravesa momentos de liquidación e saldos doutras tempadas.” (Luís Menéndez Villalva: Toda a terra é dos homes. Galegos no mundo, 1993)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.