lirismo

Calidade de lírico (relativo ou pertencente á lírica, xa poética, xa musical).

Etimoloxía

Deriva de lira, do latín lyra, -ae, de orixe grega, que, ademais do instrumento musical, tamén denominaba a poesía.

Exemplos *

"O lirismo é o lado expresivo da tenrura e o humorismo a súa dimensión agresiva." (Xosé Chao Rego: Para comprendermos Galicia)

"… o lirismo, que tamén pode ser un atranco cando se superpón ó nivel dramático da linguaxe, cousa que ocorre con certa frecuencia." ("Prólogo" de Damián Villalaín a Unha macana de dote)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.