Flor do lirio
Etimoloxía
A denominación desta flor vén do equivalente francés lis.
Exemplos *
“A pesar das reformas e do tempo (...) albíscase nalgúns dos seus recantos unha antiga felicidade allea. Porque o pazo aínda fala impoñéndolle a súa voz ao esquecemento, e lembra cos seus centos de flores de lis repartidas por escaleiras, chemineas e escaiolas que o dono daquel poderoso lugar non era o rei de España na súa calidade de rei, senón de home.” (María Oruña: O que a marea esconde, 2012)
“Sabemos que Chariño é un apelido galego que ten no seu escudo cinco flores de lis de ouro sobre campo azur. ” (AA.VV.: Actas del I congreso de la asociación hispánica de literatura medieval, 1985)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


