lisco

Porción de certos alimentos, xeralmente alongada e fina.

Etimoloxía

A súa orixe non está clara. Ofrécense como posibilidades que derive de isca ou que proceda do latín esca 'alimento'.

Exemplos *

"Atravesaron varios regatos, comendo pan e liscos de touciño, non fose ser que os capase o cuco." (Xosé Miranda: Infancia e desventura de Lino Carrán)

"A señora que chora a morte do marido de corpo presente, aproveita cando non hai ninguén no velorio para facer unha tixolada de liscos." (Xoán R. Cuba Rodríguez, A. Reigosa e X. Miranda: Diccionario dos seres míticos galegos)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.