Ciencia que estuda a arte que utiliza a palabra escrita ou oral como medio de expresión e as súas producións.
Etimoloxía
Procede do latín litteratura, -ae 'arte de escribir', formada a partir de littera, -ae 'letra'.
Exemplos *
"Pancho Martínez […] entrou en contacto co teatro grazas ao poeta Bernardino Graña, que lle deu clases de literatura no instituto de Padrón." (Galicia Hoxe 25-11-2010)
"Abrín os ollos e albisquei a cara da profesora de literatura colorada coma un pemento morrón." (Ledicia Costas: Unha estrela no vento)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.