litoral

Zona de terra que está próxima ao mar, así como a do mar próxima á terra

Etimoloxía

Palabra que procede directamente do latín litoralis de significado semellante.

Exemplos *

“A CEMMA leva 25 anos dedicada ao estudo, a conservación e o rescate de golfiños, baleas, tartarugas ou lobos mariños que chegan ás costas de Galicia. Traballan nun litoral rico en cetáceos, onde abundan os varamentos e hai unha fauna diversa, aínda que ameazada.” (Eduardo Rolland: GCiencia. O portal da ciencia galega, 9-2015)

“Ao principio, non chegaban nin a dez as persoas que se xuntaban para ir ao monte. Agora, pasan do medio cento. O mesmo aconteceu co exitoso Camiño dos Faros, un percorrido de 200 quilómetros que une Malpica e Fisterra acariñando a beleza salvaxe do litoral da Costa da Morte.” (Belén Puñal: Sermos Galiza, 28-4-2014)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.