liviáns

Pulmón dos animais

Etimoloxía

Voz que procede do latín vulgar *levianum ‘livián’, ‘lixeiro’.

Exemplos *

“Pensar nos pulmóns recordoulle cando era nena e picaba pulmón de porco para dárllelo aos gatos. Os liviáns e a paxarela. Non puido deixar de rir. Sempre lle fixera graza aquel nome: paxarela.” (Anabel Alonso López: Café só, 2011)

“En pepitoria pódense poñer outras moitas cousas como os bofes ou liviáns, os torresmos ou liscos de touciño, incluso algúns peixes como as anguías e as lampreas, ás veces facendo o prebe con abelás, allo, miga de pan torrado e xemas de ovo cocido.” (Fausto Galdo: Abecedario das mantenzas, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.