De cor entre azul e vermella, coma a que adquire a pel humana como consecuencia dunha contusión, do frío, etc.
Etimoloxía
Procede do adxectivo latino lividus, -a, -um 'de cor entre azul e negro, denegrido'.
Exemplos *
"Tiña media cara lívida case violácea, e os beizos e unha cella partidos." (Carlos Vila Sexto: Cara á fin da luz)
"O seu corpo cubriuse de manchas lívidas e, despois de longa agonía, expirou." (Mª Xosé Queizán: Amantia)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.