Conxunto de materias sucias ou de cousas que non serven e se tiran
Etimoloxía
Crese que é probable que proceda da voz do latín tardío lixam ‘auga porca’.
Exemplos *
“Nemo Bandeira e o ex-comisario Fidel Lamas escoitan o relato dun home que ten unha pequena tenda no barrio da Cañada, unha explanada a xeito de praza, onde os nenos xogan ao fútbol entre restos de lixo.” (Manuel Rivas: Vivir sen permiso e outras historias de Oeste, 2018)
“Xa desde mediados dos oitenta prestouse atención á problemática do lixo, divulgando o potencial da reciclaxe para reducir a contaminación e o esgotamento das materias primas.” (Manuel Soto Castiñeira: Sermos Galiza, 16-22017)
* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.


