lobeira

Gorida de lobos

Etimoloxía

Vocábulo derivado que toma como base “lobo” que chega desde o latín lupus, -a de significado semellante ao actual.

Exemplos *

“Doutra banda, o novo pai era de bo corazón e aínda que puidese cazar unha loba viva, parecíalle cruel deixar morrer de fame os cachorros abandonados na lobeira.” (Manuel Janeiro: A fada das lapas, 2008)

“A captura de lobos adultos requiría maiores doses de esforzo e era máis perigoso para os monteiros, mentres que a captura de crías resultaba máis sinxela, pois só requiría atopar as lobeiras e collelas.” (Hortensio Sobrado Correa: Os animais domésticos na historia de Galicia, 2008)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.