lobishome

Home que segundo as crenzas populares se converte en lobo.

Etimoloxía

Palabra composta que se relaciona cos termos latinos: lupus 'lobo' en nominativo e homine(m) 'home' en acusativo.

Exemplos *

"…ante a insistencia da filla púxose ó par do inmigrante e convenceu á multitude de que alí non había ningún lobishome senón un rapaz que viñera traballar e vivir en paz con eles." (Mª Xosé Queizán: Amantia)

"Nós sabemos que se un é raptado polos trasnos sendo neno e sobrevive, moi posiblemente vira lobishome." (Xosé Miranda: Historia dun paraugas azul)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida.