lobo, -a

Mamífero carnívoro salvaxe da familia dos cánidos, de cor parda agrisada, orellas curtas e ergueitas e rabo longo e peludo

Etimoloxía

Termo que chega desde o latín lupus, -a de significado semellante ao actual

Exemplos *

“O avó Manuel pelexou cos lobos moitas veces, coñece ben as montañas dos arredores da súa casa, sabe os atallos todos e sucedéronlle moitísimas historias simpáticas.” (Xela Arias: Non te amola, 2021)

“Xoel correu desesperado ata a casa da vella; estrañouse de non atopar o lobo por ningures pero, nese momento, o que máis lle importaba era que Sibila o acompañara para poder curar a súa amiga.” (Natalia Carou Figueira: O alento nas costas, 2012)

* As citas da Palabra do Día respectan as escollas ortográficas e morfolóxicas da edición referida. Os exemplos fan referencia só a unha das posibles acepcións da palabra documentada.